O Concello reúnese co comercio de Curtis e Teixeiro

Instante da reunión
O 18 e o 25 de marzo o Concello de Curtis reuniuse co comercio de Curtis e Teixeiro onde se trataron varios temas relacionados co comercio. Un dos puntos máis salientables foron as iniciativas e propostas para mellorar o comercio neste momento tan delicado para este sector.
O Concello mostrou todo o seu apoio ó comercio para que propoña iniciativas e o mesmo tempo impúlsaos a constituir unha asociación de comerciantes dende a cal se poderán expoñer propostas conxuntas para afrontar este momentos de crise.











