O Concello reforma este fin de semana a beirarrúa de Rúa Alta no cruzamento con San Andrés
O Concello da Coruña informa de que durante este fin de semana se realizarán traballos de reparación e mellora da beirarrúa de Rúa Alta, na súa intersección coa rúa San Andrés. Por este motivo, a Concellaría de Tráfico e Mobilidade preparou cambios na circulación da zona para favorecer o desenvolvemento das obras.
As modificacións na mobilidade previstas para mañá, sábado 9 de marzo, e o domingo, día 10, e que provocarán cortes de tráfico en Rúa Alta, afectarán a todos os vehículos, polo que o Concello propón a rúa Sol como alternativa para desprazarse durante este fin de semana. A Policía Local poñerá en marcha un dispositivo especial para favorecer a circulación na zona: de xeito excepcional habilitarase o tránsito de buses e vehículos de máis de oito metros pola rúa Sol. Para facilitar o tráfico, tamén se impedirá o estacionamento en trámoa da rúa Sol que se encontra máis próximo a San Andrés.
A parada de bus de Paseo Marítimo-Cancela (na avenida Pedro Barrié de la Maza), que é utilizada polas liñas de bus urbano 4, 6, 6-A e 11, quedará fóra de servizo durante o fin de semana, manténdose o resto de paradas do percorrido totalmente operativas.











