O Concello porá en marcha unha ludoteca infantil durante a Semana Santa
O Concello de Cedeira invita todos os nenos e nenas a participar no programa de ocio didáctico que poñerá en marcha durante esta Semana Santa. As distintas actividades desenvolveranse a partir do próximo luns, 25 de marzo, na praza do Sagrado Corazón,
en horario de 10 a 14 horas. A participación é completamente gratuíta e a iniciativa nace co obxectivo de ofrecerlles aos máis pequenos un ocio didáctico no período das vacacións escolares.
Deste modo, dúas monitoras guiarán os xogos dos nenos e nenas nun programa que se desenvolverá o luns 25 de marzo, martes 26, mércores 27, xoves 28, sábado 30 e luns, 1 de abril. En este sentido, o Concello anima as familias a participar neste.











