O Concello plantará os 38 magnolios de General Sanjurjo en sete puntos da cidade

Traslado dos magnolios
O concelleiro de Medio, Enrique Salvador, visitou esta mañá os xardíns da Fábrica de Tabacos, onde comezaron os traballos de plantación de nove magnolios procedentes da avenida Xeneral Sanjurjo. Dende hoxe e ata o próximo 15 de marzo plantaranse un total de 38 unidades en sete puntos da cidade.
Tal e como explicou o responsable de Medio, tras a reforma de Xeneral Sanjurjo, os 38 magnolios enmacetaron se e mantivéronse, ata agora, nun viveiro á espera da época máis axeitada para a súa plantación. Para seleccionar a situación das plantas tivéronse en conta as zonas verdes nas que os magnolios poderán dar unha nova imaxe ao ámbito e lugares nos que é necesaria unha renovación, porque as plantas e árbores están secas ou en mal estado, ou mesmo rotos polo efecto do último temporal.
Desta forma, nos próximos días plantaranse cinco magnolios na praza da Cubela; cinco na avenida de Salgado Torres; dous na rotonda Dos castros; dous na praza Pintor Álvarez de Sotomayor; tres no parque de San Diego, preto da avenida do Exército; e doce no Parque Europa, arredor da zona de xogos. Os traballos contan cun presuposto de 5.726 euros.











