O Concello ofrece servizos de podoloxía e fisioterapia para persoas maiores de 65 anos
O Concello de Neda leva a cabo un ambicioso programa en mate-ria sociosanitaria para mellorar a calidade de vida das persoas maiores do municipio. Así, den-de a Administración local poñen a disposición da veciñanza os servizos de podoloxía e fisiote-rapia. Uns servizos que o Concello presta grazas á cofinanciación da Deputación Provincial da Coruña. Así, as persoas interesadas en recibir este tipo de tratamentos poden dirixirse á Ofici-na Municipal de Servizos Sociais, ubicada na casa consistorial. Alí, luns, martes, xoves e ven-res, de 9 a 14 horas, a asistenta social lles informará dos pasos a dar.
Segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, Leonor Canosa, ambos programas están dirixidos a homes e mulleres maiores de 65 anos pensionistas, perso-as minusválidas ou pensionistas de invalidez. No caso do servizo de podoloxía, é a Oficina Mu-nicipal de Servizos Sociais quen tramita as citas e as sesións se programan no Centro Cívico. Os tratamentos son variados. Dende unha limpeza a unha atención máis específica. E, nunha porcentaxe moi importante, os usuarios padecen diabetes, unha doenza que afecta especial-mente aos pés.
No caso das sesións de fisioterapia, debe ser o médico de familia o que cubra un volante pres-cribindo o tratamento. Normalmente lévanse a cabo dez sesións por paciente no Centro Cívi-co de Neda. Unhas instalacións que contan cunha sala específica para levar a cabo os trata-mentos e que foi habilitada con financiación da Consellería de Traballo e Benestar Social.
Por último, a concelleira Leonor Canosa animou aos veciños e veciñas maiores de 65 anos a anotarse nestes programas e desfrutar das súas ventaxas.











