O Concello mantén reunións para iniciar de inmediato o soterramento en García Escudero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra está a manter reunións preparatorias para iniciar a primeira fase do soterramento do xacemento arqueolóxico da praza de Valentín García Escudero, mentres espera a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para o control arqueolóxico que está previsto que chegue nos próximos días.

A pesar da Semana Santa, a Concellaría de Patrimonio Histórico que xestiona Luís Bará traballa para inicien os traballos canto antes, como moi
tarde, a inicios do mes de abril. Os traballos comezarán co levantamento dos protectores e limpeza dos achados, labores necesarias para facer os traballos de conservación e consolidación requeridos así como o levantamento en 3D dos restos que se van soterrar. Dende o Concello tamén se advirte que o inicio dos traballos así como o seu desenvolvemento dependerán das condicións meteorolóxicas.

13 de marzo de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.