O Concello inicia as obras de rehabilitación da antiga Casa dous Lagoeiros e do galpón do Puntal

Traballos de rehabilitación
O Puntal deixará de ser o único núcleo poboacional de todo Neda que careza de local social para a súa asociación de veciños. Cumprindo o compromiso adquirido, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciaba o inicio das obras de rehabilitación da antiga Casa dous Lagoeiros como paso previo para a súa cesión á entidade. Culminará así un longo proceso que o actual goberno local iniciaba coas xestións ante a Xunta para lograr o traspaso do inmoble. Nel investiranse agora máis de 105.000 euros procedentes dunha subvención solicitada a Agader que o Concello reservou para este fin e unha achega municipal de 57.000 euros.
Non será o único investimento que recibirá O Puntal este ano, xa que tamén con fondos procedentes da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e do Concello finánciase por algo máis de 30.000 euros a rehabilitación do coñecido como galpón do Puntal de Abaixo. Os traballos arrancaban o pasado luns. EI inmoble, cedido neste caso por dous veciños da localidade aos que o Concello non pode máis que agradecer a súa extraordinaria xerosidad, destinarase á promoción dos deportes náuticos e difusión da cultura mariñeira na real vila. Un auténtico revulsivo para a zona e dinamizador socioeconómico para o lugar.
Ambos os dous proxectos veñen a unirse á mellora da pista polideportiva do Puntal e, na súa totalidade, implicarían un investimento próximo aos 350.000 euros. Respostas para demandas históricas no Puntal.











