O Concello informa de restriccións no tráfico rodado cos actos relixiosos da Semana Santa
O Concello de Neda informou esta mañá de que, con motivo da celebración dos actos relixiosos da Semana Santa, produciránse restriccións no tráfico de vehículos nalgunhas rúas da vila de Neda, así como que en determinados lugares poderá ser preciso prohibir o estacionamento durante o tempo que duren os actos litúrxicos ou procesións. Por isto, dende a Administración local prégase a todos os veciños e veciñas afectados que desculpen as posibles molestias, e agarda a súa colaboración para un axeitado desenvolvemento dos actos. A continuación, detállanse os horarios e treitos afectados:
DOMINGO, 24 de marzo. – Domingo de Ramos – Con motivo da bendición desde a Torre do Reloxo, prohíbese o estacionamento dende as 10,30 horas e ata o remate dos actos relixiosos, para toda clase de vehículos no treito da rúa Real comprendido entre os números 26 e 34.
VENRES, 29 de marzo – Venres Santo – Prohibirase o estacionamento de vehículos mentres se celebran as procesións do Vía Crucis, ás 9,30 horas, do Santo Enterro, ás 19,15 horas, e a da Soidade, ás 21. Así mesmo, prohibirase o estacionamento nos seguintes treitos: Rúa Do Castro, Rúa Real; Praza Reitoral e Sobre a Vila.
DOMINGO, 31 de marzo – Domingo de Pascua – Prohibirase a circulación de vehículos mentres se celebran as procesións do Santo Encontro, en torno ás 12 horas. Así mesmo, entre as 11 e as 13 horas prohibirase o estacionamento nos seguintes treitos: Rúa Do Castro, Rúa Real, Paraíso, Sobre a Vila, estrada e Praza Reitoral.











