O Concello esixe a reparación de deficiencias na reurbanización de Joaquín Costa e Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A empresa Sercoysa iniciou hoxe os traballos de mantemento e reparación de pequenas defiencias detectadas polos servizos técnicos municipais nas obras de reurbanización das rúas Joaquín Costa e Estrada.

Antes de que remate o período de garantía e logo dunha inspección a fondo de toda a obra por parte dos técnicos, a empresa Sercoysa que
executou os traballos iniciou hoxe as reparacións no tramo comprendido entre as rúas Uxío Novoneira e Antón Fraugas.

Estes traballos obrigarán a pechar a rúa mañá, 19 de marzo, de 15 a 20 horas, logo de chegar a un acordo coas urxencias hospitalarias do
Provincial. O acceso a garaxes realizaranse dende a rúa Antón Fraguas.

Son obras de reparacións de lousas das beirarrúas, canalizacións de pluviais, caz… e outros detalles para que a obra de reurbanización quede
perfectamente pechada antes de que remate a súa garantía.

Os labores de reparación inícianse neste tramo pero continuarán por outras zonas de Joaquín Costa e Estrada, e o Concello ofrecerá a pertinente información cando afecte ao tráfico rodado.

18 de marzo de 2013 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.