O concello do Carballiño prevé sacar a concurso a situación de tres quiscos de prensa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Tras o peche da actividade de tres quioscos de prensa situados na zona urbana do Carballiño, o concello ten pensado sacar a concurso estas tres situacións, co fin de devolver o servizo que ata hai poucos meses, ofrecían estes establecementos.

En concreto trátase dos quioscos situados na Pista Vermella, Rúa Principal e Praza dos Liborianos, onde están aínda situados as casetas destes centros de prensa, pechados ao público. A intención municipal é poder ofrecer aos veciños estes tres puntos de venda e para iso tamén se estudará a nova situación destes xa que, nalgúns casos, a actual colocación da caseta está a bloquear parcialmente unha rúa, ou se encontra moi cera doutros establecementos que ofrecen o mesmo servizo, polo tanto buscaríase unha nova situación que permitise unha mellor venda, e ao mesmo tempo dar servizo a zonas da vila que carecen deste tipo de establecementos.

Nos próximos días publicarase este concurso co fin de que todas as persoas interesadas poidan optar a xestionar estes quioscos urbanos. Cabe sinalar que o concello só concedería a situación deste, o chan municipal, xa que a caseta en se son propiedade dos antigos quiosqueiros, e polo tanto deben ser eles os que vendan ou aluguen a devandita estrutura.

Na actualidade dos 4 quioscos urbanos de prensa que existían na vila do Carballiño só queda un, o situado na zona da Praza Maior. A este débense unir os establecementos que ofrecen os mesmos servizos que o quiosco, pero xa en locais comerciais.

4 de marzo de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.