O Concello de Teo abre o prazo do Diverteo Primavera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

A Concellaría de Educación, dirixida por María Álvarez Garea, comunica que xa está aberto o prazo para anotarse no Diverteo Primavera. Este programa de conciliación funciona nos períodos de vacacións escolares e nesta edición, coincidindo coa Semana Santa, estará aberto os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril.

O Diverteo Primavera está dirixido a nenos e nenas escolarizados de entre 3 a 12 anos de idade que deben estar empadroados en Teo. O servizo funcionará, como vén sendo habitual, nos tres CEIPs de Teo, nos Tilos, na Ramallosa e en Calo en horario de 08:00 a 14:30 horas.

O prazo para inscribirse comeza hoxe 1 de marzo e remata o día 13. As fichas de inscrición debidamente cubertas deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas ou os sábados de 09:00 a 13:00 horas. Xa se poden recoller no Concello ou descargar da web www.concellodeteo.com. O número de prazas previsto é de 145 máis 5 de reserva para casos de emerxencia social e a adxudicación da praza realizarase por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello.

O custe deste programa é de 3,08 euros por día e participante polo que nesta ocasión o custe total serán 12,32 euros. A listaxe de admitidos farase pública a partir do 14 de marzo e poderase consultar na web municipal ou no taboleiro nas oficinas municipais na Ramallosa. O pagamento farase entre o 15 e o 21 de marzo unha vez comprobado que o neno ou nena está admitido/a. O xustificante de pago debe entregarse no Rexistro Xeral do Concello.

1 de marzo de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.