publicidade hoxe

O Concello de Salceda de Caselas retirará os coches abandonados na vía pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

A Concellaría de Tráfico e Seguridade do Concello de Salceda de Caselas está a realizar a inspección de diversos vehículos que están abandonados na vía pública. Os encargados de realizar dita inspección son os Policías Municipais que teñen un protocolo de actuación.

En primeira instancia este organismo debe localizar e identificar os coches con síntomas de abandono como é a carencia de instrumentos que lle permitan desplazarse polos seus propios medios, rodas, etc ou que carezan de placas de matrícula, por outra banda tamén se incidirá en
coches que se atopen estacionados nun mesmo punto durante un tempo prolongado e que non se movan. Os Policías Municipais realizarán un informe sobre os vehículos que reúnan estas características e procederán á investigación para localizar ao titular do vehículo ao que se lle
enviará unha notificación. No caso de non ser localizable publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello. Se transcurrido un mes, despois da exposicón pública non se retirou o vehículo, por parte do propietario, dase a orde de retirada do mesmo.

A través dunha empresa autorizada para tratamento de Resíduos sólidos urbáns se realizará a recollida e transporte dos vehículos a un centro autorizado, tal e como se acordou no convenio de colaboración coa Deputación para o tratamento de descontaminación provocada para a súa reciclaxe e reutilización das partes servibles.

O Concelleiro de Tráfico e Transporte, Jose Luis González incide en que “É moi importante rematar cos problemas que nos están a acarrexar este tipo de resíduos urbáns, como son os coches abandonados, nos que non só se agrava a mala imaxe urbanística que crean senón que ademáis incrementan o problema de superficie útil de aparcamento, así como os problemas de contaminación e de falta de hixiene. Pondo en práctica medidas que sexan sempre en beneficio da cidadanía”

15 de marzo de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.