O Concello de Ribadumia organiza dous cursos de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia organiza esta semana dous novos cursos para obter o certificado de manipulador de alimentos. As persoas interesadas en participar xa se poden anotar nas oficinas municipais. Os cursos desenvolveranse o venres e o sábado, en horario de 10.00 a 13.00 horas, na Casa da Cultura de Ribadumia. A participación mínima para cada un dos grupos é de 20 persoas. As inscricións pódense facer nas oficinas municipais. Precisan entregar unha copia do DNI.

Esta acreditación esíxeselles a todas aquelas persoas que na súa actividade laboral teñen contacto directo cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro e servizo. Algúns dos traballos nos que se esixe este documento son na hostalaría, nos supermercados, na vendima, nas adegas, nas conserveiras, nas empresas de reparto ou mesmo como monitores do comedor escolar.

O curso de formación terá unha duración de tres horas e inclúe ensinanza teórica e un exame que certifica que o alumno é apto para a obtención do carné. O documento expedirase no mesmo día do curso, unha vez que se supere o exame.

Curso de carretillero

Por outra banda, o Concello de Ribadumia está organizando unha nova edición do curso para a obtención do carné de carretilleiro. A reserva de prazas xa está aberta na Casa do Concello. O curso desenvolverase os días 12 e 13 de abril. O carretillero acostuma a traballar en almacéns e encárgase da condución de carretillas, sexan automáticas, semiautomáticas ou manuais. A súa función é trasladar a mercancía ou material dun lugar a outro, aproveitando ao máximo o espacio do almacén e dominando as maniobras máis comúns, respectando todas as medidas de prevención e riscos laborais implantados.

Durante o curso, que inclúe horas prácticas en carretilla elevadora, o alumno coñecerá os elementos da carretilla, aprenderá a facer as maniobras máis comúns e coñecerá a sinalización que pode atopar nas empresas, así como as normas de seguridade específicas, como se debe xestionar un almacén, os riscos laborais…

O Concello de Ribadumia organiza varias veces ao ano este tipo de cursos, cuxo obxectivo é ofrecer novas posibilidades de formación ás persoas interesadas en dous sectores con gran demanda laboral.

11 de marzo de 2013 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.