O concello de Outeiro de Rei celebra o 8 de marzo cunha charla sobre saúde
Con motivo do DIA INTERNACIONAL DA MULLER, o Concello de Outeiro de Rei organiza unha charla que será impartida por José Ramón Meilán, profesor na Escola de Fisioterapia da Universidade da Coruña. A charla versará sobre a dor de costas en nen@s, adultos e maiores, unha patoloxía que afecta a case todo o mundo polo menos unha vez na vida.
A charla titulada Saúde: concepto actual. A dor de costas en nen@s, adultos e maiores terá lugar este venres ás 17:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura nun acto aberto á participación de calquera persoa que desexe asistir.
Ao remate da mesma, terá lugar a tradicional degustación de doces caseiros.