O Concello de Ourense recibe a cartografía oficial da cidade, dixitalizada e actualizada
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa xuntanza desta mañá, e recibiu provisionalmente a cartografía municipal do Concello de Ourense, elaborada pola UTE “Caribesa- Cartogesa Orense 09” cun orzamento de 604.168 euros.
A cartografía ven de ser aprobada e recepcionada provisionalmente polo Concello. Dende este momento dispón do prazo dun ano para avaliala, ao termo do cal a recepción será definitiva. Durante este período de tempo, o Concello redactará unha Ordenanza que regule o acceso e emprego da base e desenvolvemento cartográfico tanto para técnicos, como para empresas e particulares.
Os mapas abarcan toda a superficie de solo urbano existente na cidade, ademáis de previsibles zonas de expansión en núcleos urbanos da periferia, estimándose un total de 1.825 hectáreas.
A nova cartografía, adxudicada en 2009, remata cos problemas que se xeneraban pola existencia dunha planimetría inexacta, segundo os informes dos técnicos municipais, posto que a cartografía atopábase totalmente obsoleta no seu aspecto técnico.
Segundo consta nos informes técnicos municipais, a súa estructura cartográfica ademáis da que adolece de defectos dos que se informou no seu día, non se adapta á nova tecnoloxía polo que sería moi dificultoso readaptala para asociarlle unha base de datos alfa numéricos que permitan xestionar o Plan de Ordeación.
O documento está pensado para a súa posterior consulta e adaptación á realidade existente e puntuais modificacións derivadas do paso do tempo, constituíndose coma un documento vivo e en continua renovación. Así mesmo, está pensado para incluírse no marco dun futuro Sistema de Información Xeográfico, introducindo información adicional á puramente cartográfica, e xerando un completo sistema de xeolocalización e cartografía.
As actualizacións que se correspondan co paso do tempo, incorporaranse en arquivos separados e totalmente independentes, así coma os erros ou modificacións puntuais que se poidan observar.
A xestión da cartografía quedará centralizada no departamento de cartografía do Servizo de Enxeñería do Concello de Ourense e o acceso para os técnicos dos diferentes servizos será a través de formato PDF, sen que ninguén, salvo o Inxeñeiro Técnico Topógrafo poida introducir cambios ou modificacións na documentación, evitando así a xeración de versións diferentes.
Proxecto de urbanización en Mariñamansa
Na mesma xuntanza, a Xunta de Goberno Local acordou a división en fases para o proxecto de urbanización da AR-39E, que fai referencia á zona da finca Mariñamansa, fundamental para o desenvolvemento económico e comercial da zona sur da cidade.
O proxecto de urbanización divídese en dúas fases, dando cumprimento aos informes dos técnicos xurídicos que acreditan que esta é a fórmula requerida para a concesión de licencia de obra e actividade nesta área.
A zona representa unha confluencia viaria de extraordinaria importancia na cidade e sobre a que se plantexa acometer un viario que permitirá o acceso a este ámbito de actuación, recollido no ámbito 12 da ordeación provisional. O proxecto de urbanización contempla un novo parque, dous equipamento e novos solos de uso comercial e residenciais que se conectará co novo vial e a zona da Avenida de Zamora e a Saínza.











