O Concello de Ourense mellora as instalacións da Asociación de Veciños Ribeira Miño
O Concello de Ourense está a desenvolver, a través da Concellería de Participación Cidadá, unha serie de melloras en diferentes locais municipais destinados ao uso por parte das asociacións de veciños e veciñas da cidade.
Neste senso, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, visitaron a AAVV Ribeira Miño, en Oira, na que se reamta de levar a cabo un proxecto de reforma e rehabilización do local veciñal e o contorno da Asociación.
Cun orzamento de 18.500 euros, con cargo aos orzamentos participativos, levaronse a cabo labores de eparación de humidades no interior do local, no que se elexiu unha redistribución do espacio, para crear unha nova orde e maior amplitude dos espacios que quedan agora perfectamente definidos mantendo a coherencia entre eles e facilitando e mellorando o uso das diferentes zonas coas que conta a asociación veciñal e coa que se saca unha maior rendabilidade á zona.
Así mesmo, na cuberta colocáronse paneis de 30mm de espesor con aillamento interior de escuma de poliuretano inxectado, para mellorar o aillamento e previr a existencia de futuras humidades, así como manter mellor o calo no inmoble.
A ampliación das fiestras e unha man de pintura no interior, onde se colocou plaqueta no chan, sustituíndo a madeira anterior, aportando maior luminosidade ao interior e creando a sensación de maior amplitude.
A entrada principal queda agora adaptada para o seu acceso a persoas con mobilidade reducida para o seu acceso ao local con maior comodidade e seguridade.
O alcalde e a concelleira, estiveron acompañados do presidente da Asociación e de veciños e veciñas da zona comprobando o remate das obras e as novas instalacións.











