O Concello de Ourense da un novo paso na Rehabilitación Integral das Camelias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+
Infografía da humanización

Infografía da rehabilitación

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestructuras pon en marcha o proxecto de humanización da rúa Canella do Barbaña no Pozo do Inferno, rúa integrada na área de rehabilitación integral do Polvorín- Camelias- Carballeira, na súa 1ª fase do ARI da Carballeira.

As obras de reurbanización están previstas no marco do convenio de financiamento asinado o 29 de abril de 2011 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense.

O proxecto ten coma obxecto a realización das actuacións máis relevantes e necesarias que afectan ao aspecto xeral do conxunto da rúa, incorporando novos elementos que melloren a súa fisonomía e favorezan o seu emprego como zona de esparellemento. A intervención levarase a cabo mediante a incorporación de novos pavimentos, renovación do mobiliario urbano e axardinamento, a renovación do alumeado público e a realización dunha nova rede de saneamento para a evacuación das augas pluviais.

A intervención responde á necesidade dun cambio íntegro no aspecto e conxunto da rúa, incorporando novos requerimentos normativos e aqueles elementos que melloren o pavimento, a eficiencia enerxética da iluminación, a accesibilidade e doten dun uso público á ribeira do río.

Así mesmo, levarase a cabo a sustitución do pavimento da actual pasarela da Molinera, por pavimento de madeira e a instalación dunha nova balaustrada de aceiro esmaltado en cor branca acorde coas que se colocarán ao longo de toda a zona e as xa existentes.

As fachadas dos baixos instalaranse mamparas de cores colocados sobre xardiñeiras con plantacións de especies trepadores para dar cor e unha sensación de coherencia e unidade no conxunto.

As escaleiras de acceso ao ámbito de intervención, serán renovadas por outras de maior facilidade de acceso e con materiais nobles con chapa de aceiro e cuberta de granito, facilitando así o acceso a toda a zona . No caso da escaleira da Avenida de Portugal, procederase á súa demolición e posterior sustitución por outra de peldaños máis baixos e pasos en pedra, con pasamanos laterais de aceiro.

O conxunto de intervecións pretende humanizar a zona, facilitar os seus accesos aos peóns e usuarios e usuarias da zona e proporcionar unha zona de esparellemento á beira do río.

18 de marzo de 2013 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.