O Concello de Ourense acondiciona un espazo de 2.000 m2 en Santa Olaia de Beiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, e a concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, visitarán esta tarde as novas instalacións e zonas verdes en Santa Olaia de Beiro, no barrio da Cabeanca.

O Concello de Ourense levou a cabo, no entorno da Asociación de Veciños de Santa Olaia de Beiro, na estrada da Cabeanca, un proxecto de remodelación dunha parcela de 2.050 m2.

Os traballos incluíron a realización dun peche perimetral da finca nos dous laterais e na parte posterior con malla metalizada e aceiro galvanizado e un novo acceso, co cambio da porta para o uso dos peóns e usuarios e usuarias da zona.

A renovación dos accesos, do pavimento do aparcadoiro, e a reforma do parque infantil, coa instalación de aparellos biosaudábeis, contribúen a humanizar unha zona degradada polo paso do tempo con gran afluencia de veciños e veciñas da zona e barrios colindantes, que empregan o espazo coma zona de esparellemento e encontro interxeracional.

A renovación do saneamento, a instalación dun colector de augas pluviais de PVC na zona de aparcamento, e se instalará unha rede de distribución de auga para o rego, con tuberías de polipropileno.

As obras de acondicionamento, a renovación do saneamento e a instalación dun novo espacio infantil, responden a peticións dos propios veciños e veciñas a través dos orzamentos participativos canalizados a través da Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente, cun orzamento total de 46.585 euros.

Alcalde e concelleiras valorarán cos representantes veciñais as obras rematadas na zona e confirmaron o proxecto coma a renovación do espazo de esparellemento e a resposta positiva ás demandas veciñais.

18 de marzo de 2013 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.