O Concello de Ordes conmemorará o Día Internacional de Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

Co gallo do Día Internacional da Muller o Concello de Ordes desenvolverá unha serie de actividades coas que pretende conmemorar esta data tan importante, á par que quere contribuir na concienciación da súa veciñanza sobre a importancia da igualdade entre sexos así como nos dereitos da muller.

Deste xeito o próximo venres a partir das 10.30 horas o salón de plenos ubicado nos baixos da Alameda acollerá unha xornada sobre cooperativismo. Unha ponencia totalmente de balde e especialmente orientada ás mulleres que correrá a cargo de Manuel Pena, técnico da oficina de Fomento de Cooperativas da Comarca de Ordes. Todas aquelas persoas que desexen acudir deberán inscribirse previamente no Centro de Información á Muller, situado nos local da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

Por outra banda o Concello de Ordes tamén ten previsto colaborar coa campaña ‘One Woman’, que organiza ONU Mulleres. Dita campaña consiste na difusión da canción ‘Unha Muller, tema composto por diversas artistas de todo o mundo en homenaxe a ONU Mulleres polo seu esforzo en mellorar a vida das mulleres e acabar coa violencia de xénero. Unha campaña que o Concello realizará non só a través da súa emisora municipal, senón tamén a través das súas redes sociais, páxinas web e blogs.  

4 de marzo de 2013 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.