Ferrol está en disposición de asinar un novo convenio con FIMO por 120.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O concelleiro responsable da Área de Economía do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, informou hoxe de que a Administración municipal está en disposición de asinar o convenio con FIMO para o presente exercicio de 2013 por un importe de 120.000 euros. O titular de Economía explicou que a firma deste acordo permitirá anticipar até a metade do importe total do convenio -60.000 euros-, co que FIMO podería pagar parte das nóminas que lle adebeda aos seus traballadores.

Langtry Caínzos apuntou, así mesmo, que a firma do convenio esta pendente de que FIMO presente a documentación xustificativa de estar ao corrente con Facenda e a Seguridade Social, documentos que xa solicitaron e esperan obter en breve.

26 de marzo de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.