O Concello de Ferrol elabora un proxecto para a restauración dos fondos artísticos

Comparecencia do concelleiro de Cultura
O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, presentou hoxe en comisión informativa da área o proxecto encargado polo goberno municipal para a restauración dos fondos artísticos do Centro Cultural Torrente Ballester. O estudo analiza a situación de conservación en que se atopan 122 obras -91 pictóricas, 30 esculturas e un mapa histórico da cidade do século XIX-, as cales se encontran afectadas, principalmente por desprendementos de pintura e humidades.
García-Hurtado lembrou que este proxecto de restauración ven precedido dun amplo traballo de catalogación, que xa foi presentado hai uns días. Unha das conclusións ao que chegou o titular de Cultura tras analizar o informe é o deficiente estado de conservación e almacenaxe dalgúns fondos, que “durante anos estiveron en salas que non dispoñen das condicións mínimas esixidas para albergar unha obra de arte, o que provoca que agora precisen dun tratamento preventivo e curativo”. Segundo se recolle no proxecto feito pola Concellería de Cultura, o proceso de restauración fundamentalmente consistirá en dúas fases: un tratamento de desinfectación de silófagos e outro de prevención. A primeira consistirá en introducir as obras nunha cámara hermética, na que se someterán a unha redución de temperatura o que provocará que os silófagos -larvas ou adultos- morran. Na fase preventiva, as obras serán impregnadas con produtos antisilófagos. O concelleiro subliñou que “se non se pon freo xa a estas circunstancias o deterioro irá in crescendo e o importe da restauración será maior, ademais os fungos infectarán atacarán ao resto das obras”. Os traballos comezarán agora coa desinsectación de todas as obras afectadas para paralizar o proceso dexenerativo das obras; sen embargo, a restauración de obra a obra será realizado en función do seu estado de deterioro ou o seu valor histórico-artístico. “Trátase de un proceso paulatino, nin moito menos para este ano” insistiu o edil.
Por último, Garcia Hurtado sinalou que o seu departamento está agora solicitando orzamentos a empresas que se dedican á restauración para “elixir a aquel que nos dea maiores garantías técnicas e científicas”. A estimación do custe que suporían estes traballos de restauración ascende a ao redor de 45.000 euros.











