O Concello de Ferrol convoca a reunión informativa cidadá sobre o programa urban
O Concello de Ferrol convocou a reunión informativa cidadá sobre o Programa Urban Ferrol para o vindeiro día 8 de abril, ás 19.00 horas, na Sala de Xuntas do Centro Cultural Torrente Ballester. A convocatoria está dirixida especialmente a representantes de entidades veciñais vinculadas coa zona urban: Canido, A Magdalena e Ferrol Vello; aínda que tamén está aberta ao resto de cidadáns.
A orde do día desta reunión informativa é o seguinte: Informe da situación do programa Urban; presentación dos proxectos e actuacións en parques e xardíns, reurbanización e acondicionamento de espazos públicos e reacondicionamento de eixos de comunicación entre barrios históricos; e, por último, rogos e preguntas.
A Oficina Urban agradecería, por cuestións organizativas de aforo, que as entidades comuniquen con antelación, ata o día anterior da xuntanza, a persoa ou persoas que asistirán en representación de cada unha delas. As confirmacións pódense facer por correo electrónico: urban.coordinadora@ferrol.es; ou por teléfono: 981 944 279.











