publicidade hoxe

O Concello de Cotobade vai a introducir cambios na web oficial do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal
A-
A+

O Alcalde, Jorge Cubela, quere mellorar, innovar e modificar a páxina web do Concello para achegar a actualidade do concello a través desta ferramenta aos veciños e visitantes.

Ademais de incluír a actualidade das accións levadas a cabo polo Concello, quere dar cabida a difusión e promoción dos espazos cos que conta o Concello  para a visita e coñecemento, entre eles destaca achegar a información sobre a Casa da Gaita, o Observatorio Astronómico, o Ecoparque de aventuras da Atalaia, entre outras.

Espera que estas modificacións estén en breve na páxina web para que se convirta nunha ferramenta de información e difusión para os veciños e visitantes do Concello.

14 de marzo de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.