O Concello de Ares executa a renovación da rede de abastecemento de auga na zona dos Castros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O Concello de Ares está a executar na actualidade a obra de renovación da rede de abastecemento de auga potable a Os Castros, unha actuación que se financia con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial da Coruña correspondente á anualidade de 2012.

Como explicou a concelleira de Urbanismo, a socialista Olimpia Marcos, a empresa González y González é a adxudicataria da intervención, que conta cun orzamento de 32.877,69 euros e un prazo de execución de dous meses.

Con esta obra estase a renovar o colector de abastecemento, que se atopaba en mal estado e provocaba numerosos cortes no subministro de auga ás vivendas situadas nese marxe da zona dos Castros.

13 de marzo de 2013 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.