O Concello da Coruña inviste 235.000 euros en obras de pavimentación e iluminación

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► A Coruña ► Local ▼
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Infraestructuras, licita traballos de reposición de pavimento e iluminación por importe de 235.000 euros, dentro do esforzo que o Goberno local está a levar a cabo para a mellora e mantemento dos espazos públicos e vías da cidade.

Por unha parte, comeza a licitación do proxecto de reposición de pavimentos de formigón en vías urbanas, que dentro da súa segunda fase abranguerá as rúas Europa, Pla e Cancela, Santo Tomás, Biscaia, Novoa Santos, Nicomedes Pastor Díaz, Roberto Tojeiro, Rampla do Matadoiro, Conto e Coronel Cerviño Núñez. Nestes viais, os traballos consistirán en renovar os firmes mediante a demolición e reposición da sección completa do pavimento, restitución das tapas dos pozos de rexistro e repintado da sinalización horizontal. O presuposto é de 198.365,57 euros.

Por outra parte, licítase por importe de 36.035,74 euros a reposición da iluminación pública na Avenida da Universidade e o seu ámbito. A área de Infraestructuras mellorará as deficiencias que se producen nas instalacións desta zona, instalará cablear e repoñerá de columnas e luminarias.

27 de marzo de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.