O Concello da Coruña instalará a rede de rede de sumidoiros na rúa Viena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Infraestructuras, informa de que o Goberno local instalará rede de sumidoiros separativo na rúa Viena. O proxecto, que se enmarca dentro das actuacións que se están a executar para mellorar e modernizar a rede de saneamento da cidade, conta cun presuposto base de licitación sen IVE de 136.929,45 euros.

Con estes traballos, o Concello pretende solucionar os problemas existentes nesta rúa que, na actualidade, non dispón de rede de residuais e pluviais, o que orixina molestias aos veciños cando se producen precipitacións. As obras realizaranse no tramo comprendido entre a intersección coa rúa Roma e a rúa Xenebra, onde conectarán coa rede separativa existente.

O departamento de Infraestructuras informa de que, para realizar estas obras, se procederá a demoler o pavimento afectado; a executar unha rede de pluviais de PVC de 400 mm de diámetro con pozos e sumidoiros conectados; un ramal de fecais de PVC de 315; e á reposición do pavimento. A nova obra levará os pozos de rexistro tipo, é dicir, fundidos in situ, moldeados en formigón con tapa e aro de fundición.

6 de marzo de 2013 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.