O Concello da Coruña inicia hoxe obras de mellora de espazos públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área municipal de Infraestructuras, informa de que hoxe e mañá se realizarán obras de mellora en prazas, rúas e xardíns de diferentes barrios da cidade, dentro do compromiso do Goberno local por recuperar espazos públicos.

O departamento que dirixe Martín Fernández Prado arranca hoxe traballos que se enmarcan dentro do seu plan de revitalización dos espazos públicos da cidade e que contribúen a mellorar a calidade de vida dos veciños. Durante os próximos dous días executaranse as seguintes obras:

– Reposición de bancos nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Orzán e a Praza Elíptica Dos rosales.

– Instalación de billas nas fontes de beber do parque de Oza e dunha nova fonte na área de xogos infantís de Matogrande.

– Revisión de ancoraxes e cadeas nos farois dos soportais da praza de María Pita.

O plan de modernización de espazos públicos inclúe seis programas nos presupostos de 2013, cun financiamento final de máis de 11 millóns de euros, o que supón duplicar o investimento previsto inicialmente para 2012 e case multiplicar por catro a de 2011.

26 de marzo de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.