O Concello cortará o tráfico en Ramón del Cueto o próximo domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico e Mobilidade, informa de que o próximo domingo 3 de marzo se cortará ao tráfico a rúa Ramón del Cueto polos traballos de retirada dunha grúa. O corte realizarase entre as rúas Ángel Rebolo e Adelaida Muro, debendo desviarse todos os vehículos que proveñen da Avenida de Hércules, cara á rúa da Torre. Para o tráfico de Anxo Rebolo, habilitarase a saída de vehículos dende esta rúa por Ramón del Cueto cara a Avenida de Hércules dirección rúa da Torre, cambiándose, para iso, o sentido da rúa Ramón del Cueto nese tramo.

Por outra parte, a liña de autobús urbano número 11, tamén verá afectado o seu percorrido habitual durante toda a xornada do domingo. No seu percorrido dende Rúa Alta, continuará por Paseo Marítimo, Rolda de Monte Alto, Edificio Mediodía e As Lagoas. A partir deste punto continuará co seu percorrido habitual pola Avenida de Hercules, Monte Alto, rúa da Torre e Praza de España. Como consecuencia anularanse varias paradas. A Concellaría propón estas alternativas:

Anulada Alternativa 
Hospital-Zalaeta                     Salesianos
San Roque Plaza de España
Orillamar  Plaza de España
Cabo ponte Anido Rúa da Torre
Ramón del Cueto Hércules 37 ou rúa da Torre
Curros Enríquez Paseo Marítimo-Matadero (Hotel)
1 de marzo de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.