O Concello colabora coa Marcha Cicloturística do Mercantil deste domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra colabora coa Marcha cicloturista que organiza esta fin de semana o Casino Mercantil de Pontevedra co obxectivo de fomentar o uso da bici como medio de transporte e práctica saudábel.

A marcha será este domingo e partirá ás 10.30 horas dende as instalacións do Mercantil en Cons, Mourente, para percorrer distintas rúas
céntricas da cidade, tamén pola Illa do Cobo e a Xunqueira de Alba, e regresar a Cons, onde se ofrecerá un refrixeiro aos participantes e tamén haberá xogos e ximcanas para os participantes.

É unha marcha aberta a toda a cidadanía, que poderá inscribirse nas instalacións do Mercantil.

14 de marzo de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.