O Concello avala as mobilizaciones de Navantia-Fene e pide o apoio dos veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocalLocal Portada
A-
A+

Defender o naval é defender a bisbarra, así enténdeno tamén os grupos políticos do PSOE, IU e PP do Concello de Fene.
Unha vez mais por parte dos representantes sindicais trasladouse ao alcalde a preocupación e inquietude sobre o futuro do naval e moi concretamente do estaleiro de Fene, preocupación compartida xa que, como apreciou de primeira man, en ningunha das reunións celebradas cos responsables da SEPI e NAVANTIA se clarificou o futuro das instalacións.

Fene necesita o estaleiro para subsistir, a infrautilización das instalacións afecta á vida económica do concello que ve minguada a súa poboación, avocando ao peche a pequenas industrias e comercios, e acernando o futuro dos mais novos que se se ven na necesidade de emigrar para encontrar traballo.

A necesidade inmediata de carga de traballo, o levantamento do veto, o plan industrial e o dique flotante son reivindicacións que deben ser asumidas e esixidas por todos.

Hoxe mais que nunca é necesario apoiar as reivindicacións dos traballadores do Navantia Fene. Por iso dende o Concello chámase aos veciños para que presten o seu apoio e participen no percorrido dende o estaleiro ata a praza do Concello o próximo xoves día 14 onde ás 5,30 se celebrará unha asemblea informativa e na marcha a pé a Ferrol que se celebrará o día 21 de marzo con saída ás 9:45.

12 de marzo de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.