O Concello anima á veciñanza a participar no concurso de carteis “Festa do Pan de Neda”
O Concello animou esta mañá á veciñanza a participar cos seus traba-llos na primeira edición do Concurso de Carteis Festa do Pan de Neda. Un certame dotado econo-micamente cun premio de 300 euros e do que sairá a imaxe que anunciará esta festa de exalta-ción do producto por excelencia da real vila nun ano, o 2013, moi especial, xa que se cumpre o seu primeiro cuarto de século.
No concurso pode participar calquer persoa maior de idade, individualmente ou en equipo. O pra-zo de presentación dos traballos rematará o 30 de abril e todos eles deberán achegarse á casa consistorial (Área de Turismo, Avda. de Alxeciras, 34, 1º-Neda) de luns a venres en horario de mañá (de 9 a 14 horas).
O cartel poderá realizarse en calquer técnica, sempre e cando sexa posible a súa reproducción en soporte papel. Deberá incluír necesariamente a lenda “XXV Festa do Pan de Neda-1 de setembro de 2013”. Será un xurado formado polo alcalde, a concelleira de Turismo, dous representantes dos grupos políticos que integran a corporación municipal, un membro do sector panadeiro e un artista de recoñecido prestixio (previamente designado na Comisión de Delegados de área), xunto co secretario municipal, o que elixa o cartel gañador. Así mesmo, todos os traballos pasarán a for-mar parte dunha exposición colectiva que organizará a Concellería de Promoción Turística. Por último, o Concello animou á cidadanía a participar nesta cita e apuntou que as bases do concurso poden consultarse no taboleiro de edictos do consistorio e na páxina web municipal (www.neda.es).
Saúdos











