O Concello abre a reunión informativa sobre o programa urbán á cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol convoca a reunión informativa cidadá sobre o Programa Urban Ferrol, que terá lugar o xoves día 7 de marzo ás 19:00 horas, na Sala de Xuntas do Centro Cultural Torrente Ballester. A convocatoria está dirixida especialmente a representantes de entidades veciñais vinculadas coa zona Urban: Canido,  A Magdalena e Ferrol Vello. A xuntanza tamén está aberta ao conxunto da cidadanía interesada.

A orde do día desta reunión informativa é o seguinte: Informe da situación do programa Urban; presentación dos proxectos e actuación en parques e xardíns, reurbanización e acondicionamento de espazos públicos e  reacondicionamento de  eixos de comunicación entre barrios históricos; e, en última instancia, rogos e preguntas.

Por cuestións organizativas de aforo, a  Oficina Urban agradecería que as entidades comuniquen con antelación -ata o día anterior á xuntanza- a persoa ou persoas que asistirán en representación de cada unha delas. As confirmacións pódense facer por correo electrónico: urban.coordinadora@ferrol.es; ou por teléfono: 981 944 279.

4 de marzo de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.