publicidade hoxe

O Club Balonmán Puzo Clima A Cañiza xógase o 23 de marzo o ascenso a 1ª división autonómica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaDeportesLocal
A-
A+

O sábado 23 de marzo, a partir das 19:15 horas, o Balonmán Puzo Clima A Cañiza xógase o ascenso. A falta de 3 xornadas para o final da competición o equipo cañicense enfróntase ao Tirso de Molina de la Ciudad de Ferrol. Cun empate ou unha vitoria sería suficiente para ascender de Categoría e poder xogar a tempada que vén en 1ª División Autonómica.

Dende o Club e toda a Directiva animan a todos os cañicenses a que os avalen e acudan ao Pavillón Municipal da Cañiza para apoialos. Nesta xornada tamén se presentarán todas as categorías inferiores do club que conta con máis de 70 nenos no seu campus. Nesta xornada contarán coa animación de Diego Mei DJ de Vía raio. Haberá regalos, sorpresas e tamén se sorteará unha bicicleta, mochilas e balóns de balonmán para todos os nenos.

20 de marzo de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.