O Centro de Arte organiza unha excursión cultural a Pontevedra o día 22 aberta a todo o público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSanxenxo
A-
A+

O Centro de Arte Municipal celebrará o venres 22 unha excursión cultural a Pontevedra que está dirixida ao público en xeral, aínda que terán preferencia na inscrición os alumnos e alumnas desta escola, tanto os estudantes de 6º de Educación Primaria como os adultos.

O prazo para apuntarse a esta actividade, que terá un custo de 3,7 euros, estenderase ata o xoves e formalizarase cubrindo a correspondente solicitude que se entregará, xunto ao resgardo de aboamento da cota no banco, no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Os participantes nesta viaxe sairán ás 16.00 horas do Pazo Emilia Pardo Bazán e ás 16.30 horas iniciarán unha visita guiada á Facultade de Belas Artes. Ás 18.00 horas os excursionistas terán a posibilidade de coñecer o Museo de Pontevedra e ás 20.00 horas o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais.

Aquelas persoas que precisen máis información poden dirixirse ao Centro de Arte a través do número de teléfono 986 727936 ou ben mediante o correo electrónico centrodearte@sanxenxo.org

13 de marzo de 2013 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.