O Carballiño entra no calendario do atletismo galego

Presentación da proba
O edil de Deportes xunto coa concelleira de Turismo e os responsables do club de atletismo do Carballiño, presentaron a I Media Maratón do Carballiño, Festa do Pulpo, que terán lugar o próximo 7 de abril, e discorrerá pola vila do Arenteiro, nun percorrido circular de 7 quilómetros que se percorrerá tres veces para cubrir os 21 quilómetros.
O club de atletismo do Carballiño é outro dos colectivos que promove a Festa do Pulpo, xa que todos os seus membros levan nas súas camisetas o anagrama desta celebración gastronómica. Cabe destacar que os corredores do club carballiñés participan en probas tanto en Galicia coma no resto de España e Europa en xeral, o que a súa pon unha gran difusión desta festa do Polbo.
Os interesados en participar nesta I Media Maratón poderán inscribirse a través da páxina web de cronotec, onde tamén encontrarán toda a información que necesiten. Ata o momento xa hai máis de 100 inscritos e, tal e como destacaba un dos organizadores Fernando Guerra “ao ser a primeira o importante é darnos a coñecer, non tanto o número de participantes, xa que nisto funciona moito o boca a boca. Iso se, todos os que queiran colaborar como voluntarios para esta proba, están invitados a vir”.
Esta primeira media maratón do Carballiño conta coa colaboración da Deputación de Ourense, a asociación de hostaleiros do Carballiño, así como o propio concello carballiñés.











