O Carballiño disporá dunha vivenda para emerxencias sociais ou desafiuzamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

O actual grupo de goberno do concello do Carballiño conta cunha vivenda que pode acoller a familias do municipio con algunha emerxencia social, ou situacións como o desafiuzamento dunha familia. Trátase da vivenda situada no barrio da Uceira, que xa é propiedade do concello, e que nun principio se pensou puidera servir para acoller a victimas de violencia de xénero.

Ao tratarse dunha vivenda normal, dentro dun bloque de pisos, non reúne as condicións de seguridade para este tipo de victimas, polo que se vai optar por darlle unha utilidade máis ampla, sen que iso signifique desatender aos posibles casos de violencia de xénero que precisen dun acollemento. Para iso o Centro de Información da Muller do concello conta cun servizo de 24 horas, onde ofrecen todo tipo de axudas a victimas as.

Cabe destacar que esta vivenda nunca foi usada para acoller a este tipo de victimas, pero danse as circunstancias que se puiden servir para outro tipo de emerxencias, como familias que sufran algún sinistro na súa casa e non teñan onde vivir durante un tempo, para algún caso de desafiuzamento que se puidese dar no municipio. Con esta vivenda o concello podería ofrecer a esa familia un lugar onde vivir ata que solucionen o seu problema.

18 de marzo de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.