O Auditorio Municipal acollerá este sábado a representación da obra teatral “Café”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeiraLocal
A-
A+

20130321-17A compañía naronesa O Aturuxo de Melpómene representará este sábado, 23 de marzo, a obra “Café”. Será no Auditorio Municipal de Cedeira, a partires das 20 horas, con entradas ao prezo único de 2,5 euros. Con ela, a Concellería de Cultura pecha a programación trimestral do ciclo municipal de teatro afeccionado “Comediatrium”.

“Café” está interpretada por Lorena Montero, Juanín Ares Gondell, Paula Morado, Leandro Lamas, Silvia Casal e Keke Díez. A obra está escrita por Susana Sánchez, Luís García Araus e Javier García Yagüe, mentres que da dirección encárgase Iolanda Muíños. Dirixida a un público maior
de 12 anos, esta comedia transcorre nun espazo temporal no que o café se considera unha droga perigosa. Esta substancia ben podería substituírse por calquera outra que resulte aditiva, xa que do que se trata, en definitiva, é demostrar o lado escuro das adiccións. A representación é unha metáfora en si mesma sobre os efectos das drogas nas persoas e o difícil que resulta saír dese universo paralelo no que se somerxen os individuos cando dependen delas.

21 de marzo de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.