O Auditorio Municipal acolle este sábado a obra teatral “A túa tenrura Molotov”
O Concello de Cedeira animou esta mañá aos veciños e veciñas da localidade a asistir este sábado, 9 de marzo, a unha nova sesión do programa cultural municipal “Comediatrium”. Unha aposta polo teatro afeccionado que, nesta ocasión, traerá á vila ao Grupo Axóuxere. Esta compañía, creada no 2008 en Oleiros, representará a obra “A túa tenrura Molotov”.
Nela, unha parella de éxito, el avogado ela presentadora, reciben un paquete do extranxeiro que vai cambiar radicalmente as súas vidas. É unha comedia sobre os prexuízos e a doble moral. A representación comenzará ás 20 horas no Auditorio Municipal da vila e o prezo das entradas é de 2,5 euros.











