O auditorio acolle “A boa persoa de Sezuán”, unha parábola anticapitalista con tintes orientais
O teatro regresa esta fin de semana ao Auditorio de Vilagarcía onde a compañía Teatro no Garaxe porá en escena unha das obras máis emblemáticas de Bertolt Brecht: “A boa persoa de Sezuán”. A representación terá lugar o venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas e a entrada é libre e de balde.
Noelia Toledano dirixe esta parábola anticapitalista escrita por Bertolt Brech durante o seu exilio nos Estados Unidos durante a II Guerra Mundial. Trátase dun texto que asemella un relato oriental con reminiscencias bíblicas e que plantea preguntas como si o ser humano pode ser unha boa persoa e prosperar na vida sen sen ter que converterse nun tabeirón na sociedade actual.
O reparto desta obra compóñeno unha longa lista de actores e actrices que encabeza Araceli Bugallo, no papel de Xen Té; Modesta Padín, que da vida a Wan o vendedor de auga e por Cruz Oubiña e Rosa Fiel que interpretan a dous deuses.
Sinopse:
Á prostituta Xen Te aparécenselle tres deuses que baixaron á terra en busca dunha boa persoa. O vendedor de auga, Wang, está desesperado por atopar un lugar onde hospedar aos deuses. Os tres deuses discuten sobre si no mundo actual unha persoa pode ser boa e xusta e si, en caso de selo, pode sobrevivir ao egoísmo da xente. Si dan con unha boa persoa, significará que se pode vivir sen facer mal a ninguén e que o mundo non necesita ser cambiado. Pero non dan con ningún individuo que non se aproveite do próximo. Finalmente hospédaos a prostituta Xen Te.
Cando os deuses teñen coñecemento dos seus problemas económicos, páganlle polo seu aloxamento, una pequena fortuna. Isto permítelle a Xen Te obter un pequeno estanco e abandonar a prostitución. Os poucos bos son pobres e os deuses poñen todas as súas expectativas en Xen Te, que xa puxo unha tenda.
A cambio da pequena fortuna, Xen Te promételle aos deuses comportarse no futuro de maneira recta e boa. Sen embargo, a súa adicación desinteresada polos pobres e abandonados lévaa rapidamente a esgotar todas as súas reservas financeiras e, finalmente, case á perda da tenda de tabaco. As súas intencións son xenerosas, pero o seu negocio comeza a atraer a delincuentes e á policía. Para facer fronte ao desafío dos deuses “ser bo, e sen embargo vivir”, asume o papel do seu primo imaxinario Xui Ta, co fin de salvar os seus medios de subsistencia empregando os medios que sexan necesarios, por crueis que sexan… A asertividade de Xui Ta convertérao no inimigo.











