O Athenaeum Guitar Trio ofrecerá un recital mañá no auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Auditorio acolle mañá un concerto de guitarra clásica a cargo do Athenaeum Guitar Trio, unha formación musical composta por tres mulleres gregas que está de xira por España. Entre o repertorio que interpretarán a partir das 20:00 horas en Vilagarcía atópanse obras de Albéniz, Debussy e Boccherini, entre outros, xa que o repertorio destas tres virtuosas da guitarra clásica abrangue dende o barroco ata a época actual.

O Athenaeum Guitar Trio son Sofia Strigari, Eleni Siguna y Rania Aggeletu, tres alumnas destacadas de Lisa Zoi que remataron os seus estudios no Athenaeun Conservatorio “Maria Callas” , con matrícula de honra e primeiro premio. Las tres son profesoras de guitarra clásica en conservatorios de Atenas .

O trío formouse en xaneiro de 2008 e dende entón ten realizado numerosos recitais, recollendo sempre as mellores impresións por parte de público e crítica. O son homoxéneo, a musicalidade no fraseo e a sensibilidade na interpretación son as principais características das súas interpretacións.

A entrada para asistir a este concerto custa 5 euros. No caso de ser alumno do Conservatorio Profesional de Música ou da Escola Municipal Bernardo del Río, o prezo redúcese a 3 euros. Os billetes poranse á venta o mesmo día do concerto, na billeteira do Auditorio a partir das 18:30 horas.

Programa

K. Milonas A night in San Telmo
Our old house
A. Castilla- Avila Caged Music III
D. Scarlatti Fuga (K 417)
C. Debussy La fille aux cheveux de lin
Reverie
L. Boccherini Introduction & Fandango

I. Albeniz Cordoba
M. D. Pujol Fin de Siglo
V. Tenidis Rebetiki Suite
I. Laiko Allegro
II. Habanera
1. Zeibekiko

20 de marzo de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.