O alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela achégase ao Salón do Libro

Estudantes no Salón do Libro
Eran ás 11:25 horas cando o tren procedente de Santiago de Compostela facía a súa chegada ao apeadeiro Pontevedra- Universidade. Unha parada especial e previamente solicitada a Renfe, xa que dada a súa cercanía ao Pazo da Cultura, facilitaba a visita do grupo. 40 rapaces e rapazas pertencentes a diferentes cursos da ESO do Centro Rosalía de Castro poñían os pés na nosa cidade para saciar a súa cusiosidade con respecto ao Salón do Libro. Curiosidade que espertara neles a nosa mascota Orbil e parte do equipo do Salón do Libro que viaxara a finais de febrero a Santiago para promocionar este proxecto de fomento da lectura, a cultura e a imaxinación, destinado a público infantil e xuvenil.
Tras un paseo de 15 minutos para chegar ao Pazo, os nenos e nenas realizaron una visita guiada ao Salón, na que os monitores lles explicaron as diferentes exposicións que acolle a Sala, e as historias vinculadas a cada traballo e peza visible nese espazo, cheo de libros, máquinas, debuxos e trebellos, que son exemplo palpable das cousas que podemos crear alimentando a nosa imaxinación coa lectura..
Unha produtiva visita da que saíron encantados, e que será, seguro, a primeira de moitas.











