O alcalde reuniuse cun grupo de voluntarias do Refuxio de Animais de Bando

O alcalde recibindo ás voluntarias de Raxoi
Estas colaboradoras manifestáronlle as principais problemáticas da Fundación Refuxio de Animais de Bando, cuxo Padroado preside o propio alcalde. Este agradeceu aos voluntarios e voluntarias o traballo que realizan no seu tempo libre de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, de socialización e de colaboración nas actividades.











