O alcalde de Sober agradece aos visitantes que a feira do viño de Amandi “sexa un éxito”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSober
A-
A+

O Concello de Sober celebrou esta fin de semana a XXXIII Feira do Viño de Amandi na que participaron 21 adegueiros que presentaron a nova colleita deste ano. O alcalde do municipio, Luis Fernández Guitián, agradece a todos os que fixeron posible que a Feira do Viño de Amandi “sexa un éxito ano tras ano”.

Durante toda a fin de semana a carpa instalada polo Concello foi visitada por milleiros de visitantes. Tanto é así que se esgotaron os 8.000 cataviños e colgadores que o Goberno local puxo á venda para a degustación do Amandi.

O alcalde de Sober fai un balance positivo da celebración e amosa o seu ánimo “de seguir traballando por Sober e polo viño de Amandi, o noso estandarte”. Fernández Guitián agradece o bo facer de todos os colleiteiros, artesáns e colaboradores que axudaron a desenvolver a Feira e, en especial, “a colaboración e humildade” do pregoeiro, David Cal, que ademais de enxalzar os caldos da Ribeira Sacra, visitou todos os postos e atendeu aos que quixeron facerse unha fotografía con el.

“O mellor viño do mundo tivo ao mellor piragüista do mundo”, explicou o rexedor.

A exposición de pintura que se inaugurou o sábado na Casa da Cultura de José Sanjurjo Matilla, veciño de Rosende, permancerá aberta ao público durante quince días.

25 de marzo de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.