O Alcalde de Lugo e o Decano do Colexio de Avogados prestarán apoio a afectados por deshafiuzamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugo
A-
A+

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou hoxe un convenio de colaboración co Decano do Colexio Provincial de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, para axudar ás persoas que poidan sofrir un desafiuzamento ao non poder afrontar os pagamentos da hipoteca da súa primeira vivenda.

O acordo de colaboración entre o Concello de Lugo e o Colexio de Avogados ten por obxecto atender as necesidades de información e asesoramento das persoas e familias que teñen dificultades para facer fronte ós pagamentos dos préstamos hipotecarios e poden atoparse, por esta causa, en risco de perder o seu domicilio actual. 

López Orozco indicou que “é de agraceder esta axuda desinterada para os lucenses nun momento que é dificil e que é noticia, por sorte, non na nosa cidade pero si noutros lugares a lacra dos desafiuzamento”. Ademais engadiu que o Colexio de Avogados estiveron presentes dende o primeiro día nas reunións da Comisión de Desafiuzamentos ofrecendo a súa colaboración para as persoas que poidan ter un problema de desafiuzamentos na primeira vivenda.

Neste mesmo sentido se manifestou Félix Mondelo, xa que “ante este tema grave queremos aportar axuda dentro das nosas posibilidades porque o noso deber é asesorar ás persoas que por motivos económicos no poden facerse cargo do pago das vivendas”.

Desta maneira, os membros do Colexio de Avogados van asesorar as persoas que se atopen nesta situación ante as entidades bancarias e facer as xestións para conseguir aprazamentos no pago e evitar os alzamentos.” Brindamos o noso apoio para actuar neste grave problema que temos, máxime, cando son as entidades bancarias ás que os cidadáns lles prestamos os cartos, as que van deixar sen vivenda a persoas que por pasar unha mala época económica non poden facer fronte aos pagos” segundo declarou Felix Mondelo.

6 de marzo de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.