O alcalde de Ferrol presidiu o acto de recordo a Segura Torrella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu o acto de homenaxe a Ricardo Segura Torrella, ilustre pintor ferrolán.

A ofrenda floral realizouse no barrio no que residira o artista, o Ensanche A, so pés do monumento que lembra a súa figura. O evento contou coa participación da viúva e da filla de Segura Torrella, así como do presidente da Asociación de Veciños do Ensanche A, Rafael Leira e do poeta Juan Carlos Valle “Karlotty”.

“Dende o Concello apostamos por reivindicar e poñer en valor a aqueles que nos precederon e destacaron pola súa laboral cultural, social ou científica porque estamos orgullosos do que fomos e do que somos”,  sinalou o rexedor na súa intervención. Así mesmo, Rey Varela insistiu na importancia que teñen este tipo de actos, “aínda máis cando a participación dos propios veciños é tan directa coma é nesta homenaxe a Segura Torrella”.

Rey Varela quixo reivindicar o legado de Ricardo Segura, pero tamén o de outros grandes creadores da cidade, tarefa na que o Concello de Ferrol está a traballar. Neste sentido, lembrou que a Concellería de Cultura finalizou o proceso de catalogación dos fondos artísticos do Centro Torrente Ballester. Isto, permitirá que se poida avanzar na recuperación da colección municipal con máis de 280 obras. “ É un traballo que era moi necesario” dixo. O primeiro edil recalcou que “apostamos por poñer en valor e recuperar o legado artístico que nos deixaron os nosos grandes creadores;e tamén que este estea accesible a toda a cidadanía para o que crearemos unha aula no Torrente Ballester e tamén abriremos salas da Casa do Concello para mostrar a pinacoteca municipal.

 

15 de marzo de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.