O alcalde de Ferrol presidirá este venres 8 de marzo a homenaxe a Nona Inés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O alcalde do Concello de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá o vindeiro venres, día 8 de marzo, os actos conmemorativos do Día da Muller. O programa de actividades desenvolverase no Teatro Jofre a partir das 19.00 horas, e o acto central consistirá nunha homenaxe á que fora deputada nas Cortes Constituíntes de 1977, a ferrolá Nona Inés Vilariño Salgado.

Ademais desta homenaxe, por primeira vez naval proxectarase o documental “Las Constituyentes”, de Olivia Acosta. A concelleira de Igualdade, Verónica casal, explicou que este traballo relata en primeira persoa a experiencia das 27 políticas -21 deputadas e 6 senadoras- que formaban parte da lexislatura constituínte de 1977, en pleno proceso de consolidación da democracia.

Casal Míguez fixo un chamamento ás entidades de mulleres, e ao conxunto cidadá en xeral a participar nesta conmemoración. A entrada, por invitación, será gratuíta e dende esta tarde estarán a disposición dos interesados. Poderán ser recollida no despacho do Teatro Jofre en horario de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas e pola tarde de 18:00 a 20:00 horas. Repartiranse invitacións até esgotar as localidades.

5 de marzo de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.