O alcalde de Ferrol dá a benvida á mocidade que participa no XXXIV festival scout galego

Recepción no Concello
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu hoxe a recepción aos mozos e mozas procedentes de toda Galicia que participan esta fin de semana na cidade naval no XXXIII Festival Scout Galego. Ao redor de 300 scouts danse cita en Ferrol, levando a cabo diferentes actividades de ocio e convivencia.
Na súa intervención, o rexedor municipal deulles a benvida a todos os participantes neste encontro, ao tempo que subliñou o papel altruísta e a colaboración desinteresada que en moitas ocasións leva a cabo o colectivo de scouts, a través de diversas accións como poden ser a limpeza de praias e contornos naturais, actividades de voluntarismo, etc











