O 8 de marzo abre o prazo para as actuacións dos grupos da rede cultural da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

As entidades interesadas en programar estas actuacións teñen até o 27 de marzo para formular as súas solicitudes.

O BOP de hoxe, 7 de marzo, publica a apertura do prazo de solicitude de grupos ao abeiro da Rede Cultural da Deputación.

De conformidade co disposto no apartado 5.2 das bases que rexen esta convocatoria, as asociacións da provincia que queran solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede, deberán presentar as solicitudes entre os días 8 de marzo de 2013 e o 27 de marzo de 2013.

Os datos completos das agrupacións artísticas que participan na Rede Cultural así como os impresos para formular as solicitudes poderán consultarse ou descargarse dende a páxina web da Deputación.

8 de marzo de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.