O 23 de abril comeza o Certame de Teatro para Centros de Ensino
Despois da reunión mantida pola concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, cos representantes dos centros de ensino que participarán no XXII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos, quedou definido o calendario de actuacións dos diferentes grupos participantes no Certame.
As datas das representacións e o título das obras que porán es escena son as que seguen:
COLEXIO P. FERROVIARIO: “A voda do Comecocos”, martes 23 de abril
CEE INFANTA ELENA: “O fotógrafo Sisebuto fai fotos nun minuto”, martes 7 de maio
CEIP DE MONFORTE: “O misterio dos Reloxos de Néboa”, mércores 8 de maio
CEIP A GÁNDARA: “Animaliños”, xoves 9 de maio
IES A PINGUELA: “A fábula da eco-no-mía”, luns 13 de maio
ASOCIACIÓN INVITADA
PRODEME: “¿Que facemos cos fillos?”, martes 14 de maio
Tódalas representacións levaranse a cabo na Casa da Cultura ás 20:00 h.
A entrega de premios realizarase o día 14 de maio, unha vez que finalice a representación de Prodeme.











