Novos cursos de galego no Concello de Oleiros
O vindeiro 2 de abril comezan no Concello os cursos de lingua galega que preparan para as probas Celga do nivel 2, 3 e 4. A Secretaría Xeral de Política Lingüística outorgou ao Concello un Celga 3 e un Celga 4, que terán lugar de luns a xoves de 19.30 a 21.30 horas e que xa están
as prazas cubertas. Pero o Concello, como había tamén demanda do nivel 2, vai impartir un Celga 2 de luns a xoves de 9.00 a 11.00 horas, onde aínda hai prazas vacantes. Polo que as persoas interesadas en participar neste curso, poden chamar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello.











